O pensamento
O PENASAMENTO DE LORENZO VARELA.
Ignórase como recibirían os gobernantes de Galicia a proposición de Lorenzo Varela para protagonizar o DLG do 2005. Jesús Manuel Lorenzo Varela Vázquez, entre outros nomes que posúe, nacido nun barco camiño de Cuba en 1916, é como un símbolo das esquerdas e, desde logo, un dos emblemas da Galicia emigrada. Militante das filas republicanas, con 21 anos será un dos máis mozos comisarios de guerra da República. Trala derrota, escapará a México primeiro e a Bos Aires despois. En Bos Aires forma parte do núcleo de exiliados dos que formaban parte tamén Luís Seoane, Rafael Dieste, Otero Espasandín e Arturo Cuadrado. O labor desenvolvido por estes transterrados foi enorme en xornais e revistas durante máis de trinta anos.
É precisamente na Arxentina onde Lorenzo Varela publica a súa obra. Varios poemarios entre os que figuran, esencialmente, 'Torres de amor', 1942, e 'Lonxe', 1954. Lorenzo Varela retornará a España en 1975. Morrerá en Madrid, no maior silencio, o 25 de novembro de 1978. Dous anos despois, Edicións do Castro publicou 'Homaxes', unha recompilación de poemas, e 'Poesía', un volume que contén 'Torres de amor', 'Catro poemas pra catro gravados', 'Lonxe' e 'Homenaje a Picasso'. A obra lírica de Lorenzo Varela, desde as Mocedades Galeguistas xunto a Ramón Piñeiro e a participación nas Misións Pedagóxicas e no PAN, Poetas Andantes y Navegantes, en 1935.
Lorenzo Varela é un poeta extraordinario a quen a RAG dedica o DLG do 2005. Hai quen compara os seus poemas cos de Miguel Hernández e Rafael Alberti. Unha esaxeración. Seis son os grandes temas da súa lírica: a xustiza, a liberdade, o amor humano, a forza da vida, a terra nutricia e a beleza natural. Tampouco descoñecía as cantigas medievais e as tendencias neopoularista e gongorinas da Generación de 1927. Unha das cismas de Lorenzo Varela foi a emigración. A emigración como humillación e como penuria económica. Participaba da tese de Ramón Valenzuela, compañeiro de militancia e de desterro: 'Galicia foi asoballada, económica e culturalmente, polos propios galegos'. Parece axeitado aquel romanciño de doce versos de Lorenzo Varela que comeza: "Nun galiñeiro de Europa, / Galicia, tes o teu lar''... A poesía completa de Lorenzo Varela, tanto en castelán como en galego, foi publicada no 2000 por Edicións do Castro, na 'Biblioteca do Exilio', con notas e comentarios de Xosé Luís Axeitos. Destacan os 'Catro poemas pra catro gravados', 1944 María Pita, María Balteira, A Rui Xordo, O touro nos que se apunta xa a súa dimensión. Pero onde Lorenzo Varela logra cotas dignas é en 'Lonxe', 1954, dedicado a Maruxa e Luís Seoane: "Se se olla para fóra, o mundo, se pra dentro, Galiza''.
Abraian gratamente os valores poéticos de Lorenzo Varela. Eis por que está xustificada a decisión da RAG de o rememorar en 2005, aínda que fose unicamente pola lírica. Polos brados tristes da pregunta eterna 'quen son eu'. Polos compañeiros da miña xeración mortos ou asasinados. Vivamente impresionan os poemas a Castelao. O soneto que comeza: 'Cando cheguen os tempos non chegados'. A elexía: "Irmán, / olla por nós. / Dende o vento do alén, / olla por nós, irmán''... A cantiga nova que se chama cadea, enviada a Méndez Ferrín: "Esta é a cantiga nova que se chama cadea, /pois xa non hai ribeiras prás cantigas de amor''... O 'Cristo da Liberdade', variante do 'Cristo dos Traballadores'. Acaso resulte oportunísimo invocar o pensamento de Lorenzo Varela que se condensa así: "Unha parte do pasado, o pasado inmediato, foi fértil en sanguentas discordias. Non deixemos que o sangue vertido nelas nos cegue os ollos a canto nos une a todos no pasado total, no presente esperanzado, no futuro que só xuntos podemos construír. Ese sangue só será creador, non terá sido inútil, só se se converte en luz, se fai que a pólvora vella se transforme en palabras renovadoras, se se cobren de trigo as trincheiras e as maldicións son enterradas polo diálogo''. Un galego que se expresa así, tendo tantos motivos para o rancor e a rabia, ben merece cando menos un DLG. Mesmo que sexa coa malquerencia de certos organismos oficiais."

0 comentarios