A súa obra
A SÚA OBRA.
Publicacións e antoloxías.- as primeiras creacións literarias de Xesús Lorenzo Varela aparecen vencelladas a distintas publicacións nas que colabora. Previas á aparición dos seus primeiros libros de poemas son as colaboracións publicadas na revista PAN durante a súa época como estudiante de Filosofía e Letras en Madrid. En 1935, e como resultado da súa conexión do grupo Poetas Andantes e Navegantes, xurde esta publicación na que colaboran tamén autores da talla de Rafael Dieste. Son os anos da República previos á Guerra Civil nos que Lorenzo Varela tamén exerce como crítico literario do xornal El Sol.
Xa en plena contienda militar, o poeta continúa desenvolvendo un intenso labor cultural que compaxina coa súa participación no frente. Daquela colabora en revistas como Hora de España, considerada a publicación de maior altura editada durante a guerra e fundada en Valencia en 1936, e tamén o fai de xeito ocasional para Milicia popular. Diario del Quinto Regimiento de Milicias Populares, El Mono Azul. Hoja semanal de la Alianza de Intelectuales Antifascistas para la Defensa de la Cultura xunto con Rafael Alberti, María Teresa León, Rafael Dieste ou José Bergamín, entre outros. En El Mono Azul, unha revista combativa, publica unha serie de poemas de gusto popular cunha orixe na tradición época medieval nos que canta ós heroes, humildes labregos e obreiro, e nos que se aprecian características xerais da poesía combativa republicana como a dignificación do traballo manual, a relación directa entre o home e as súas accións, á volta á terra, así como a elevación á categoría de heroes do labrego e do obreiro. Poesía que entronca directamente co seu labor como activista político a prol da República exercido a través de colectivos como a Alianza de Intelectuais Antifascistas promovida polos sectores intelectuais comunistas desde xullo de 1936, cando se produce o alzamento militar de Franco que supón o inicio da Guerra Civil. Unha poesía que, ademáis, está presente en diversas antoloxías como Poetas en la España leal (preparada por Hora de España en 1937 co gallo do II Congreso Internacional de Escritores convocado pola Asociación Internacional de Escritores para a Defensa da Cultura, e na que os poemas de Lorenzo Varela comparten espacio cos de Antonio Machado, Alberti, Luis Cernuda, León Felipe ou Miguel Hernández, entre outros), ou Homenaje de despedida a las Brigadas Internacionales (publicada en 1938 e na que tamén se recollen creacións de Pablo Neruda).
A derrota dos republicanos na Guerra Civil supón o inicio do exilio para Xesús Lorenzo Varela que só abandonará uns meses antes da súa morte a finais dos anos 70 en que regresa a España en plena transición democrática e fuxindo, de novo, dunha situación de perigo polos acontecementos políticos de Arxentina neses anos. No que se refire á súa participación en publicacións cómpre destacar a creación da revista Romance na primeira parte do seu exilio en México (1940), a colaboración en Taller (publicación dirixida por Octavio Paz); a fundación xa o exilio en Arxentina- das revistas De mar a mar, Correo Literario (1943-1945: nela Lorenzo Varela publica textos moi variados que van desde a crítica literario ata a tradución de poemas, pasando polos seus propios poemas como Ofrenda a los franceses); Cabalgata (fundada por Lorenzo Varela e Luis Seoane en 1946); colaboracións para o xornal La Razón (especialmente monografías e críticas) e a revista Sur (1942-1945), Cuco-Rei (editado en 1970 por Luis Seoane, onde Varela publica o poema Cantiga nova que se chama cadea adicado ao escritor Xosé Luis Méndez Ferrín que por entón estaba no cárcere).
Libros de poesía.- O arranque da publicación de libros de poemas sitúase a principios dos anos 40, coincidindo co inicio dos seus anos de exiliado:
- Elegías españolas, da editorial Guerra Literaria (novembro de 1940), é o primeiro poemario de Lorenzo Varela que se atopa por aquel entón xa incorporado á vida cultural mexicana (primeiro país de residencia do escritor no exilio). Ilustrado con debuxos do seu camarada o pintor tamén elixiado Miguel Prieto, este libro componse de tres elexías: Elogio del llanto, adicada ó poeta León Felipe e integrada por 33 liras nas que está moi presente a tradición poética española; Primera elegía Muladar (Tribunal del Virgo), composta por liras con recurrentes alusións ó sexo e inspiradas por un comentario que fai o escritor José Domenchina sobre a noite de vodas coa súa dona, Ernestina Champourcín; e Desagravio del vino tinto, que a dferencia das dúas anteriores que arrancaban cunha cita de Quevedo- se inicia cunha cita de Antonio Machado e na que vencella o viño ás experiencias vitais do pobo.
- Torres de amor.- é o segundo poemario de Lorenzo Varela considerado o máis extenso en castelán e a súa consagración como poeta- publicado na Arxentina en 1942 no marco da colección Pomba da editorial Nova. Precedido dun limiar de Rafael Dieste, este libro inclúe ilustracións de Luis Seoane e contempla influencias das súas vivencias na Guerra Civil, así como dos clásicos españois e da xeración do 27. Un libro que tería continuidade nun novo volume que, sen embargo, Lorenzo Varela chegou a destruir. Despois dos poemas Torres de amor e Así que inician o libro, a estructura do poemario complétase con outros 65 poemas distribuidos en cinco partes: Elogio del llanto y versos de viva ceniza (con temas do desterro, a guerra e a derrota); Espada de amor y canciones del novio y del soldado (con presencia de temas amorosos e dunha Galicia vencellada polo autor á etapa da mocidade); Desagravio del vino tinto y Poemas carnales (rexurdir da temática amorosa e das alusións ó sexo xa presentes nas súas elexías); Sonetos de la paloma, del cuervo y del ruiseñor e Sueños e desvelos.
- Catro poemas para catro grabados.- publicado en Arxentina en 1944, é a primeira obra galega de Lorenzo Varela, incluida no álbum de litrografías María Pita e tres retratos medievales de Luis Seoane, pero que conta cunha segunda edición en 1951 acompañada dunha tradución inglesa e da música do compositor Julián Bautista. Este libro enmárcase nunha corrente de recuperación da poesía civil, con poemas de temas históricos, con forte carga mitolóxica e un espíritu combativo e de resistencia nas súas catro pezas: María Pita, María Balteira, A Ruy Xordo e O touro.
- Lonxe.- publicado en 1954, considérase o grande libro da poesía galega de Lorenzo Varela no exilio. As referencias ós guerrilleiros galegos loitadores contra o franquismo dos anos 40 e a evocación da Terra desde o exilio constitúen as principias liñas temáticas deste libro.
- Poesía e Homaxes.- volumes póstumos que recollen o groso da súa obra poética recollida polos seus amigos (1979).
Poemas: ademáis dalgúns poemas soltos dos seus anos de mocidade e previos ó exilio, como Éramos tres irmáns, a partir dos anos 60 e ata o seu falecemento en 1978, Xesús Lorenzo Varela mantén colaboracións nalgunhas publicacións da época e continúa escribindo ensayos e poesías. Exemplos dos poemas desta última etapa son:
- Homenaje a Picasso (1963), acompañaba unha carpeta de gravados de Romberg.
- Soneto adicado a Castelao e publicado no libro Castelao na voz dos poetas (1970).
- Homenaxe cativo a Valentín Paz-Andrade, escrito xa de volta en España, láiase da incomprensión e do esquecemento cara a súa persoa.
- Poema desgarrador de radical desacougo (1978), é o último que se conserva deste autor.
Traducións e ensaios.-
- Na revista Correo Literario figura a tradución de poemas de Aquilino Iglesia Alvariño.
- Edita en 1943 o estudio Actualidad de la obra crítica de Baudelaire.
- Monografías como Murillo, Seoane, o escultor arxentino Luis Falcini (1954)
- Publica o ensaio El Renacimiento na editorial Atlántida.
- Ensaio: Seoane o el arte sometido a la libertad (1966).
- Participa no volume Galicia Hoy (1966), editado por Ruedo Ibérico de París, denunciando a situación de Galicia no franquismo. Lorenzo Varela inclúe varios poemas xa publicados nos seus libros, pero tamén ofrece o inédito Emigrantes criticando a marcha da poboación fomentada pola dictadura.
- Ensaio sobre a obra pictórica de Salvador Dalí (1973).

0 comentarios